REGALIP
INICIO
ReGALIP
MEMBROS
PROXECTOS
ENLACES
CONTACTO

REGALIP

A Rede Galega de Investigación Pediátrica constituíuse formalmente o 9 de Abril de 2008. A Rede Galega de Investigación Pediátrica (ReGALIP) persegue facilitar e fomentar a investigación en pediatría dentro do marco da Sociedade de Pediatría de Galicia. O seu obxectivo por tanto é difundir, implementar e canalizar calquera proxecto de investigación en pediatría, e facilitar a súa difusión desde e dentro da Sociedade e desde e noutras Sociedades científicas nacionais e internacionais.

A participación é libre, e o único requisito que se esixe para pertencer a esta rede é participar activamente nalgún proxecto exposto desde ReGALIP ou propor algunha actividade de investigación a través da mesma. ReGALIP é unha rede de traballo de investigación, a través da cal tentaremos facilitar a participación en diferentes niveis e en distintos tipos de proxectos de todos os pediatras de Galicia, desde as súas diferentes áreas de traballo. Desde ReGALIP trataremos de canalizar calquera formato de investigación, proxectos de investigación de financiamento publica ou privada, ensaios clínicos, etc., e tratar de fomentar e facilitar a participación de todos aqueles que estean interesados nalgunha das propostas.

Como é lóxico e inherente a calquera grupo con vocación investigadora, ReGALIP pretende facilitar tamén a participación e involucración recíproca estable doutras sociedades nacionais e internacionais. O plan inmediato é lograr a consolidación do grupo, e a súa integración paulatina nas redes de investigación pediatricas nacionais e europeas.

Propostas de investigación

Dentro de ReGALIP cabe a priori calquera tipo de iniciativa de investigación: traballos de campo, ensaios clínicos, proxectos de financiamento público ou privado, etc. O grupo coordinador de ReGALIP comprométese a valorar todas as propostas, que posteriormente serán postas a disposición da rede, a través de comunicacións periódicas persoais vía email aos seus membros colaboradores e do seu pagina web (www.regalip.org). O tipo de soporte que ReGALIP pode prestar é o de asesoría, difusión, e contacto con outros investigadores e sociedades. ReGALIP non é un grupo con entidade económica co que de entrada non pode facilitar nin canalizar o financiamento de ningunha proposta de investigación. No momento actual o financiamento dos proxectos que se implementen a través da Rede é independente de ReGALIP e dependerá exclusivamente do investigador ou investigadores que propoñan ese proxecto particular.

ReGALIP é un grupo aberto a calquera suxestión ou proposta. Entendemos que como grupo en desenvolvemento, debemos buscar progresivamente o noso sitio e a nosa forma, e niso será esencial a colaboración de todos aqueles que queiran participar.

O grupo que puxo en marcha este proxecto e que eventualmente coordina os labores desta rede, xorde e faio de forma altruísta, co único fin de pór en marcha ReGALIP. Unha vez que a rede estea consolidada, arbitrarase a maneira de que o grupo coordinador sexa elixido por votación entre todos os membros colaboradores que queiran optar a iso.

ReGALIP está aberta á colaboración de calquera promotor que queira facilitar a investigación pediátrica en Galicia.

Colaboración con redes e grupos de investigación

Neste momento ReGALIP xa ten establecida unha colaboración estable nacional co IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago), a SCCALP (Sociedade de Pediatría de Castela Leon, Cantabria e Asturias), a AEP (Asociación Española de Pediatría) e o VIVA (Instituto de Vacinas de Valencia), e internacional coa European Academy of Pediatrics Research in Ambulatory Setting network (EAPRAS.net).